Debido ao cesamento masivo de actividade a causa do coronavirus, o Consello de Ministros reuniuse o día 24 de marzo para adoptar unha serie de medidas que reducirán o impacto negativo que sufrirá a economía do país.
Desde a Cámara de Comercio ven "insuficientes" as medidas adoptadas, e sinalan que a estimación do impacto do 10% sobre o PIB provocará "efectos ineludibles en todos os sectores". Por este motivo, o organismo anima ao goberno para "actuar con valentía" para previr ao máximo os posibles estes efectos secundarios da paralización.
A Cámara propuxo unha serie de medidas que consideran "indispensables" orientadas á flexibilidade económica e ao adelnato de axudas e subvencións por parte do goberno que permitirían a empresas e autómos a superar esta crise máis facilmente e acelerarían a posterior recuperación da economía.
Por último, tamén sinalan a necesidade de que nestes tempos difíciles as administracións traballen de modo coordinado en todos os niveis, desde o ámbito local ao europeo. A boa comunicación entre gobernos facilitará a implatación rápida e eficaz das decisións que se tomen para solucionar esta situación.
MEDIDAS PROPOSTAS
Son medidas como a habilitación de axudas da Unión Europea, a anulación temporal das regras de estabilidade, a emisión de eurobonos que poidan apoiar economicamente as medidas nacionais, a habilitación dun crédito extraordinario por parte do Goberno central ou a anulación de oficio de taxas, impostos e cotas vinculadas ao funcionamento, para os autónomos e empresas afectadas pola obrigación de cesamento de actividade, en tanto que esta siga vixente.
Ademais propoñen a creación de procedementos administrativos extraordinarios, que posibiliten a maior urxencia para a tramitación de axudas e que contemplen incluso o anticipo de subvencións e axudas a fondo perdido.
Finalmente, reclaman créditos a interese cero, avais extraordinarios e axilizar ao máximo os Expedientes Temporais de Regulación de Emprego, de modo que as empresas poidan reaxustar os seus gastos de acordo coa diminución da actividade e os ingresos.