A Brilat bota o resto en Romanía: "Estás a representar ás forzas armadas do teu país e sempre queres deixar o listón moi alto"

Pontevedra
29 de maio 2021

200 militares da Brigada encaran xa as últimas xornadas desta actividade coa que profundan na súa preparación para formar parte da estrutura da forza de moi alta dispoñibilidade VJTF (Very High Readiness Joint Task Force) da OTAN para o ano 2021. Realizan exercicios con 4.000 militares de 12 nacionalidades diferentes

Participación da Brilat nos exercicios multinacionais da VJTF da OTAN en Romanía
Participación da Brilat nos exercicios multinacionais da VJTF da OTAN en Romanía

Recta final da presenza da Brigada Galicia VII, Brilat, en Romanía. Os 200 militares despregados desde principios de maio no país encaran xa as últimas xornadas desta actividade coa que profundan na súa preparación para formar parte da estrutura da forza de moi alta dispoñibilidade VJTF (Very High Readiness Joint Task Force) da OTAN para o ano 2021. En total, a Brigada achegará á estrutura VJTF para o ano 2021 a uns 800 militares e uns 150 vehículos e armamento.

Todas as actividades de preparación que se realizan en Romanía están dirixidas polo Mando da Forza Conxunta Aliada da OTAN en Nápoles ( Allied Joint Force Command). Son exercicios multinacionais orientados a aumentar a capacidade de plan, condución e execución de operacións militares no ámbito dos países membros da Alianza. 

Estas actividades de preparación están enmarcadas no exercicio ' Steadfast Defender 21', que ten como obxectivo "garantir que as forzas están ben adestradas", que "son capaces de operar de forma conxunta" e que "están preparadas para responder a calquera tipo de ameaza, proveña de onde proveña"

"A idea forza é a defensa colectiva entre os países aliados e que xuntos sempre seremos máis fortes", trasladaron fontes oficiais da Brigada a PontevedraViva

Os militares da Brilat levan xa un mes de intensa actividade porque os exercicios non empezaron ata mediados maio, pero o seu despregamento xa arrincou o día 3, co movemento de todo o material necesario desde a base Xeral Trasfogueiro de Figueirido ata o porto de Vigo. Todo este material chegou ao Porto de Constanza, a beiras do Mar Negro, e desde alí, trasladáronse por estrada ata o campo de manobras e o 19 de maio todas as unidades estaban xa preparadas para iniciar as actividades de Instrución e Adestramento. 

En total, neste exercicio participan un total 4.000 militares de 12 nacionalidades diferentes, países que forman parte da OTAN e outros países aliados ou ' partners' como Suecia e Finlandia, dos que 270 son españois, 200 deles da Brigada. Para o seu traslado, organizáronse varias rotacións. Un primeiro grupo viaxou no barco que levou todo o material formando parte da escolta técnica dos vehículos e resto de material (en total eran 80 vehículos e 15 contedores con material diverso) e o resto en avión.

Unha representación das unidades da Brilat asignadas á estrutura VJTF21 da OTAN sigue a súa preparación no Joint National Training Center da localidade romanesa de Cincu. A maioría pertencen ao Batallón Zamora I/29, con representación do Batallón de Cuartel Xeral, Batallón de Zapadores e Grupo de Artillería. Tamén participan unidades da AALOG 61 de Valladolid formando parte dun Elemento de Apoio Nacional ( NSE nas súas siglas en inglés) español deseñado para apoiar logísticamente a execución do exercicio.

A preparación inclúe equipos de tiradores de precisión, unidades de morteiros, equipos de recoñecemento, movementos e despregamentos tácticos, exercicios de lume real con todos os sistemas de armas. Trátase dun amplo abanico de actividades que se realizan de forma conxunta con outros países.

En relación con esa convivencia multinacional, desde a Brigada aseguran que o recibimento en Romanía "foi moi bo", tanto por parte da poboación local como por parte do resto de países que participan no exercicio. 

Fuentes oficiais sinalan que para calquera militar, participar nestes exercicios de carácter internacional "supón un reto e un aliciente moi importante" desde o punto de vista profesional, pois "estás a representar á túa unidade e ás forzas armadas do teu país e sempre queres deixar o listón moi alto", pero tamén desde o punto de vista social e cultural. En xeral , "é unha experiencia bastante enriquecedora". 

O traballo conxunto con outros países non resulta complicado porque todos os países da OTAN utilizan técnicas, tácticas e procedementos "estandarizados" e resulta sinxelo coordinar e executar todas as actividades. Recoñecen o idioma supón un reto, pero aseguran que "ao final, todos acabamos entendéndonos".

Este tipo de exercicios permítelles coñecer o material do que dispoñen os demais países e tamén "intercambiar experiencias persoais, fomentar a colaboración, reforzar o traballo en equipo e aumentar o compromiso cos demais". Desde a Brigada indican que "é o que poderiamos denominar o valor da confianza muta, algo aparentemente intanxible pero fundamental á hora de traballar con outros países".

MÁS PREPARACIÓN

Ademais, a Brilat ten previsto realizar outras actividades no seo da OTAN, entre eles o exercicio Defender Europe 21, despregando en Alemaña, esta vez como célula de resposta dentro da División Acqui do exército italiano. Esta mesma semana, o mércores 27 de maio, viaxaron ata a localidade bávara de Grafenwoehr, onde estarán ata mediados de xuño participando neste exercicio.

Ademais, participarán no exercicio 'Saber Guardian 21¡, tamén en Rumanía, co mesmo continxente que está a executar actualmente o exercicio Nobre Jump II/21, integrándose con varias unidades do exército estadounidense; e participarán no exercicio Dynamic Front 21, en Turquía, cunha Batería do Grupo de Artillería.