Sen variación no número de casos activos notificados este martes pola xerencia da Área Sanitaria ao concello de Pontevedra. Así na cidade do Lérez mantéñense os 154 infectados de covid-19 que había este luns, polo que continúa sen rexistrar contagios nas últimas horas. O número de contactos en seguimento é de 1.693 persoas.
En Poio o número de casos este martes é de 41 persoas infectadas, unha menos que onte. Neste municipio hai 339 contactos en seguimento.
Tamén se produciu unha alta médica e, por tanto, descende nunha persoa o número de casos activos de Marín onde son 48 as persoas contaxiadas.
Noutros concellos como en Vilagarcía son 88 a día de hoxe, catro menos que onte, e 579 contactos en seguimento. No municipio de Bueu, o número de casos é de 65 (4 máis que onte) e en Vilanova de Arousa 7 (1 menos).