A Boa Vila cumple coa tradición de pedirlle as Tres Grazas ao Nazareno

Pontevedra
06 de marzo 2020

Centos de persoas volverán pasar durante todo este venres pola capela da rúa Tetuán para cumprir coa tradición de pedir as Tres Grazas ao Nazareno como ocorre cada primeiro venres do mes de marzo. Fronte ás longas colas doutros anos, nesta ocasión o fervor relixioso foi menor

Colas para acceder á capela do Nazareno
Colas para acceder á capela do Nazareno

Centos de persoas volverán pasar durante todo este venres pola capela da rúa Tetuán para cumprir coa tradición de pedir as Tres Grazas ao Nazareno como ocorre cada primeiro venres do mes de marzo.

Fronte ás longas colas doutros anos, nesta ocasión o fervor relixioso foi menor. Atendendo ás explicacións que deron esta mañá as vendedoras de velas e rosquillas que instalaron os seus postos na zona, este venres están a acudir menos devotos.   

A capela, antiga sancristía do desaparecido templo de San Bartolomeu O Vello, é citada varias veces a finais da Idade Media como unha pequena construción barroca que ten embutida na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe.

A tradición dita que o crente pide os seus tres desexos ante o Ecce Homo, aínda que só una desas peticións cumprirase.