A base de helicópteros do Campiño celebra o seu 25 aniversario

Pontevedra
24 de novembro 2023

A base organizou este venres unha xornada de portas abertas na que convidaron o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra e tamén se achegaba o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera

Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta, na base de helicópteros do Campiño
Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta, na base de helicópteros do Campiño / Xunta de Galicia

Decenas de escolares do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra participaron este venres da xornada de Portas Abertas que se celebraba na base de helicópteros situada no Campiño, con motivo do seu 25 aniversario.

Tamén se achegaba polas instalacións Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, que comprobou o material que empregan estas brigadas para enfrontarse aos incendios forestais.

Un dos helicópteros ten capacidade para trasladar máis dunha tonelada de auga sendo imprescindible a súa intervención na extinción do lume.

O acto finalizaba coa presentación dun libro editado polos traballadores da base, que ten en Xosé Bieito Rodríguez Carballo ao seu responsable, sobre o cuarto de século de historia deste espazo cun repaso ás principais intervencións.

Esta base foi construída no seu momento polos propios traballadores para converterse en centro de operacións para loitar pola conservación do patrimonio natural.