A Autoridade Portuaria completa a implantación da monitorización remota do faro de Ons

Pontevedra
29 de abril 2023

A intervención inclúe a instalación dun inhibidor de raios e a mellora tecnolóxica tanto do faro como das balizas 

Faro da illa de Ons
Faro da illa de Ons / Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

A empresa Mediterráneo Señales Marítimas finalizou os traballos de implantación do sistema de monitorización, automatización e supervisión remota do faro de Ons e outros sinais marítimos da Ría que dependen da Autoridade Portuaria do Porto de Marín e Ría de Pontevedra.

Entre os traballos realizados substituíuse a lámpada do faro da illa de por un novo sistema lumínico desenvolvido por MSM: a lámpada MLL1000, que foi especialmente deseñada para grandes ópticas clásicas de rotación, utilizando un diodo LED de altísima intensidade para xerar unha fonte de luz que respecta con total precisión o tamaño focal do sistema óptico orixinal.

Ademais, co fin de activar automaticamente o arranque e parada do sistema de rotación da óptica en función da luz crepuscular dispúxose unha fotocélula. Este sistema autónomo completouse coa instalación dun centro de control  que permite a monitorización e supervisión remota do faro grazas a un ligazón wifi direccional de longa distancia con visión directa que permite transmitir toda a información sobre o estado e alarmas das balizas monitorizadas e o propio faro entre Ons e o centro de control da Autoridade Portuaria, separados por unha distancia aproximada de 20 quilómetros.

Por outra banda, para evitar o efecto lupa solar coa óptica parada durante o día, esta xira á dúas velocidades distintas: durante o día e pola noite, cando está aceso. Así a súa velocidade de rotación increméntase adecuándose aos tempos requiridos para emitir o seu sinal luminoso de forma correcta.

Outro dos dispositivos que se instalaron no faro de Ons como parte deste proxecto de renovación foi un inhibidor de raios, un protector electromagnético que neutraliza a formación de raios entre as nubes e o faro que debe protexer.

Finalmente, e como parte dun proxecto máis extenso para modernizar e incrementar a seguridade da navegación, na rede litoral da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, instaláronse 10 novas lanternas de Leds de última xeración sobre as balizas que sinalizan a zona comprendida entre a illa de Ons e a Ría de Pontevedra.

En concreto, o sistema de control esténdese ao Faro de Tenlo Chico, na illa de Tambo, a baliza do peirao da illa de Ons, a de Punta Couso, as torres-baliza de Camoucos, Picamillo, Mourisca e as boias de Cabezo de Morrazán, Faxilda, Pelados e a do polígono Bueu A.

Estas balizas integran radiocomunicacións vía UHF para poder ser monitorizadas e telecontroladas a través do software desenvolvido pola empresa MSM, unha aplicación web que permite controlar e xestionar a rede de balizamento en tempo real, facilitando ademais os labores de mantemento, xa que o programa detecta calquera tipo de incidencia para poder actuar de inmediato.