A Autoridade Portuaria cifra nun 19% o crecemento acumulado do ata agosto polo Porto de Marín

Pontevedra
17 de setembro 2024

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra destacou que o Porto "segue rexistrando unha evolución moi positiva no tráfico mensual de mercadorías durante 2024"

Puerto de Marin
Puerto de Marin / Mónica Patxot

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra destacou que o Porto "segue rexistrando unha evolución moi positiva no tráfico mensual de mercadorías durante 2024".

Segundo os datos provisionais cos que conta esta institución, este tráfico de mercadorías chegou a acumular un 19,07% de subida entre os meses de xaneiro e agosto con respecto ao mesmo período do ano anterior. 

A Autoridade Portuaria detalla que por grupos de mercadoría, as descargas de graneis sólidos seguen sendo o principal motor de crecemento xa que alcanzaron preto dun millón de toneladas (950.255) nos oito primeiros meses do ano, cunha subida acumulada do 30,5%, especialmente grazas ás descargas de grandes volumes de acha de madeira e tamén de cereais, fariñas e pensos.

A mercadoría xeral convencional, que é aquela non contenerizada, rexistra tamén unha subida significativa superior ao 17%, acumulando xa preto de 450.000 toneladas, levantada principalmente por tráficos como a madeira ou a pasta de papel. En canto á mercadoría en contedor, acumulan importantes incrementos as conservas e outros produtos alimentarios, a pesca conxelada ou as madeiras e cortizas.

O número de buques que chegou a porto tamén se incrementou un 11,2%, do mesmo xeito que o seu GT ou capacidade total.