A aula Cemit de Poio retoma a súa actividade en setembro

Poio
24 de agosto 2020

As obras de mellora do Camiño de Covelo comezaron este luns e consistirá na mellora do pavimento e dos servizos da vía

Aula CEMIT de Poio
Aula CEMIT de Poio / Concello de Poio

A aula da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica (Cemit) de Poio retoma a organización de cursos para o mes de setembro coa oferta de nove talleres gratuítos consistentes na creción e deseño de contidos dixitais en formato revista, iniciación a Internet, ao uso do correo electrónico, o manexo de redes sociais, servizos de mensaxería e presentacións online, uso de procesadores de texto e servizos na nube e, finalmente, deseño de carteis e folletos, así como o deseño de carteis e folletos.

A aula Cemit manterá o horario de verán ata o 16 de setembro, para pasar logo ao horario de inverno con acceso gratuíto previa inscrición de 9.30 a 12.30 horas. Para participar nos talleres, terán prioridade os veciños empadroados en Poio. Os cursos están destinados a persoas maiores de 14 anos.

Doutra banda, o Concello iniciou este luns as obras de mellora do Camiño de Covelo na parroquia de Samieira. A obra, que executa a empresa EC Casas , dispón dun orzamento de 33.500 euros e está enmarcada no plan de mellora de camiños municipais que financia a Axencia Galega de Desenvolemento Rural.