A Audiencia Provincial anula a condena á cooperativa de Marín por fraude fiscal na venda de peixe

Marín
31 de marzo 2016

A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra anulou "por falta de motivación suficiente" a condena imposta á Cooperativa do Mar San Miguel de Marín e ao seu presidente, José Luis Santiago Pereira, por unha serie de delitos contra a Facenda Pública relacionados coa venda de peixe

Barcos amarrados en Marín
Barcos amarrados en Marín / Juan Mejuto

A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra anulou "por falta de motivación suficiente" a condena imposta á Cooperativa do Mar San Miguel de Marín e ao seu presidente, José Luis Santiago Pereira, por unha serie de delitos contra a Facenda Pública relacionados coa venda de peixe.

As maxistradas anulan a sentenza do 17 de xullo de 2015 ditada polo Xulgado do Penal número tres de Pontevedra que condenaba a José Luis Santiago por por tres delitos fiscais por defraudación do IVE correspondente aos exercicios do 2008, 2009 e 2010 en relación coa venda de peixe, a tres anos de prisión e multas que superaban o millón de euros.

A cooperativa fora sancionada por un só delito cunha multa de 745.239,14 euros e a súa inhabilitación para poder obter subvencións ou axudas públicas durante dous anos.

En concepto de responsabilidade civil debían indemnizar solidariamente ao Estado en 1.053.850 euros.

A Audiencia Provincial anula esta sentenza ao entender que se vulneraron os dereitos fundamentais dos apelantes relacionados co dereito de defensa, o quebrantamento de normas e garantías procesuais e o razoamento das probas.

O tribunal provincial non se pronuncia sobre os feitos que en primeira instancia decláranse como probados, polo que determina que as actuacións se volvan ao xulgado do Penal número tres para que sexa a mesma xulgadora que presidiu o xuízo quen emita unha nova sentenza na que explicite os seus argumentos.