A Audiencia Nacional declara firme a sentenza que desestimou o recurso da APDR contra a caducidade da concesión de ENCE

Pontevedra
29 de setembro 2020

A Audiencia Nacional ven de declarar a firmeza da sentenza notificada o pasado mes de maio, pola cal o tribunal desestimou o recurso contencioso administrativo interposto pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) que pretendía que se declarase a caducidade total da concesión de dominio público sobre a que se asenta a fábrica de Ence en Pontevedra

Fábrica de ENCE en Lourizán
Fábrica de ENCE en Lourizán / Mónica Patxot

A Audiencia Nacional ven de declarar a firmeza da sentenza notificada o pasado mes de maio, pola cal o tribunal desestimou o recurso contencioso administrativo interposto pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) que pretendía que se declarase a caducidade total da concesión de dominio público sobre a que se asenta a fábrica de Ence en Pontevedra.

Nun comunicado emitido pola compañía pasteira infórmase que ao non presentar a APDR recurso de casación no prazo establecido para o efecto, a Audiencia Nacional elevou a firme a súa sentenza.

No seu escrito a Dirección da empresa de celulosas sinala que "a sentenza desestima todos os motivos esgrimidos pola APDR para considerar caducada a concesión e, entre eles, o argumento de que a planta xere efectos prexudiciais para o medioambiente, quedando así plenamente acreditado que a planta cumpre con toda normativa ambiental en vigor que lle é de aplicación".

Para ENCE esta sentenza, agora firme, "afonda na postura que xa manifestou a Audiencia Nacional na súa sentenza de decembro de 2018 ao resolver o recurso que sobre a mesma cuestión expuxo o Concello de Pontevedra, empregando para iso unha argumentación similar á esgrimida pola APDR".

Doutra banda, a empresa está á espera de que a Audiencia Nacional dite sentenza nos tres recursospresentados contra a prórroga da concesión, previsiblemente antes de fin de ano.

 

Arquivado en