A astronomía, temática da Feira Franca 2014

Pontevedra
09 de maio 2014

O Consello Aberto da Feira Franca mantivo este xoves a súa primeira reunión para iniciar os preparativos da organización da festa que este ano tratará sobre a astronomía e será os vindeiros 5 e 6 de setembro

Feira Franca
Feira Franca / Juan Mejuto

O Consello Aberto da Feira Franca mantivo este xoves a súa primeira reunión para iniciar os preparativos da organización da festa que este ano tratará sobre a astronomía e será os vindeiros 5 e 6 de setembro.

O Consello Aberto estableceu como temática deste ano, a astronomía, pola coincidencia histórica entre a época no que o rei Henrique IV autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos na cidade, orixe da celebración da Feira Franca, e o nacemento de Nicolás Copérnico, pai da teoría heliocéntrica.

Tamén pola importancia dos coñecementos que a revolución copernicana, coa descripción da lúa e os seus movimentos orbitais tiveron no agro e na pesca. Por ese motivo este ano contarase coa participación, por primeira vez, da asociación Sirio, ligada a enseñanza da astronomía na cidade de Pontevedra.

Estase a estudar a posibilidade de que dita asociación colabore en observacións nocturnas e diurnas como parte das actividades previas á festa.

Asimismo, acordouse que a oficina da Feira Franca, situada na antiga sede do Conservatorio de Música, rúa Alfonso XIII estará aberta dende o 16 de xuño até o 16 de xullo, período no que as persoas que desexen participar poderanse inscribir chamando ao teléfono 986860587.

Para tódalas aquelas personas que queran contactar antes da apertura da oficina poderán chamar ao Servizo de Cultura do Concello no 986896528, extensión 7030.

Na reunión tamén se fixo balance da pasada edición da Feira Franca, e constatouse que hubo un cumprimento da normativa ⿿case ao 100%- por parte do sector hostaleiro. Tamén se detectou un incremento de asistentes particulares, polo que se advertiu da necesidade de manter o rigor do espíritu da festa.

Por outra parte, o Consello aberto acordou entregar aos solicitantes da Feira Franca, información que recolla os puntos de recollida de lixo, as tomas de auga, os puntos onde se encontran os postos de emerxencia sanitaria.

Arquivado en