A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, premio ambiental 2023 da Revolta do Umia

Umia
24 de xullo 2023

O Festival tivo en conta a labor constante de conservación da contorna que rodea a Rapa das Bestas, ademais da tarefa de divulgación pola súa conservación. A entrega oficial do premio será o sábado 26 de agosto

Un dos concertos do festival A Revolta do Umia
Un dos concertos do festival A Revolta do Umia

Ofestival A Revolta do Umiaanuncia que na edición deste ano concederá o premio ambiental á Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo.

O colectivo quere recoñecer con este premio o labor de defensa ambiental que esta organización desenvolve desde un plano operativo como de divulgación e sensibilización.

Nesta ocasión valorouse o compromiso da Asociación Rapa das Bestas na defensa da contorna que rodea os montes de Sabucedo nunha situación na que figuran ameazas que dificultan o mantemento do ecosistema que rodea a Sabucedo.

A agrupación alerta da diminución de pasto nos montes; a planificación de parques eólicos; o cambio climático; a baixada de actividade agrícola ou a redución do número de cabalos salvaxes no monte, que segundo algúns estudos sitúan na metade da poboación respecto a os anos 70.

En 2022 o premio foi a mans do Proxecto Cerna, unha plataforma que conta con revista, radio e canle de televisión, promovidos pola asociación ecoloxista Adega.

A entrega oficial do premio vai levarse a cabo o sábado 26 de agosto, dentro das actividades programadas en Cuntis durante o festival A Revolta do Umia 2023.