A Asociación polo Saneamento da Ría convoca unha concentración ante o Concello de Pontevedra

Pontevedra
14 de abril 2016

Este venres 15 de abril, entre as dez da mañá e ata mediodía, está prevista unha concentración dos sectores produtivos da ría de Pontevedra ante a sede do Concello da capital

As mariscadoras dos Praceres conversan coa bióloga ante a depuradora
As mariscadoras dos Praceres conversan coa bióloga ante a depuradora / Mónica Patxot

Este venres 15 de abril, entre as dez da mañá e ata mediodía, está prevista unha concentración dos sectores produtivos da ría de Pontevedra ante a sede do Concello da capital.

Convoca a Asociación polo Saneamento da Ría como medida de presión para que as administracións concreten as súas iniciativas para solucionar a contaminación que atenaza este ecosistema que conforma o seu principal medio de vida.

Tras Pontevedra seguirán protestas similares nos concellos de Poio (o venres 22) e Marín (o venres 29), e ante a Xunta de Galicia, o 16 de maio en Santiago de Compostela.

A Asociación polo Saneamento da Ría está integrada por mariscadores e bateeiros.

Arquivado en