A Asociación Irmandade Illa de Tambo suspende as visitas guiadas

Poio
16 de xullo 2021

O colectivo renuncia a seguir organizando as visitas "debido a problemas derivados da xestión dese territorio" desexando que se acelere o seu traspaso ao Concello de Poio para que a administración local poida fomentar a súa posta en valor

Illa de Tambo
Illa de Tambo / PontevedraViva

Adeus, de momento, ás visitas guiadas para coñecer a illa de Tambo.

Así o comunicou a Asociación Irmandade Illa de Tambo, encargada destas visitas e de dar a coñecer o patrimonio deste lugar privilexiado da ría de Pontevedra. Todo "debido a problemas da xestión dese territorio que impiden a total seguridade no desenvolvemento das visitas", explican.

Ante esta situación "non podemos asumir esa actividade", desexando que se acelere o traspaso de titularidade de Tambo para que sexa o Concello de Poio como entidade administrativa a que se encargue de organizar novas visitas e tamén de canalizar as solicitudes para coñecer este enclave histórico.

A Asociación Irmandade Illa de Tambo agradece o interese recibido ao longo dos últimos anos, nos que segundo os seus cálculos máis de 4.000 persoas de todas as idades chegaron a visitala illa en grupos reducidos.

Arquivado en