A Asociación de Xordos precisa dun local social e de maior apoio institucional

Pontevedra
10 de abril 2015

O presidente da asociación, Héctor Heinzen, explicou que parte dos socios atravesan dificultades para facer fronte ás cuotas de abonado, debido en parte á crise económica; así como á situación de desemprego na que moitos deles se atopan e ás reducións que sufriron nos últimos anos de axudas económicas á discapacidade. Por elo, dispor dun local social suporía unha gran axuda para a entidade e os seus socios e usuarios

Xuntanza da Asociación de Xordos co PSOE
Xuntanza da Asociación de Xordos co PSOE / Asociación de Xordos

A Asociación de Xordos trasladou as necesidades de dispor dun local social, así como de contar cun maior apoio institucional por parte das administracións.

O presidente da asociación, Héctor Heinzen, explicou que parte dos socios atravesan dificultades para facer fronte ás cuotas de abonado, debido en parte á crise económica; así como á situación de desemprego na que moitos deles se atopan e ás reducións que sufriron nos últimos anos de axudas económicas á discapacidade. Por elo, dispor dun local social suporía unha gran axuda para a entidade e os seus socios e usuarios.

En relación coa crise económica e a situación laboral, cabe salientar o último informe de 2014 elaborado polo Observatorio sobre Discapacidad y Mercado de Trabajo en España (Odismet), no que se recolle que apenas unha de cada catro persoas con discapacidade está actualmente ocupada.

Dende a Asociación de Xordos de Pontevedra tratan de solucionar esta situación a través de iniciativas como o "Obradoiro de búsqueda de emprego" para persoas con discapacidade auditiva y voluntarios ouvintes en situación de busca de emprego. Un obradoiro de balde e que comezará o 16 de abril na Casa Azul de Pontevedra.

Héctor Heinzen e parte do seu equipo expuxeron estas demandas esta semana nun encontro co candidato do PSdeG-PSOE ao Concello de Pontevedra, Agustín Fernández; xunto con outros membros da súa candidatura.