A Asociación pontevedresa Boa Vida Inclusión Activa pon en marcha unha iniciativa de "biodanza".
Segundo explican, a biodanza é un método de exercicio de autocoñecemento que nace nos anos 60 so século pasado en Chile da man do psicólogo, antropólogo e artista Rolando Toro Araneda.
"Cando se fala de biodanza debemos distinguila doutras disciplinas relacionadas co movemento corporal e o autocuidado, este método conta cun sistema de integración afectiva e renovación orgánica e de reaprendizaje das función orixinarias da vida", aseguran desde Boa Vida.
Da man de Sara Rodríguez formaranse grupos regulares para participar nesta actividade que se desenvolverá unha fin de semana ao mes.