Con motivo da celebración da I Xornada de Antropoloxía, organizada pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebráronse diferentes presentacións a pasada semana, nas que participaron expertos no mundo entre a que se atopaba a afamada especialista no "Chamamismo siberiano", Carmen Arnau interesada en visitar a zona Arqueolóxica de Tourón.
O domingo como colofón a esta serie de xornadas, Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega e coordinador e organizador destas xornadas; acompañado por Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas; o tenente de alcalde Lito Muiños; Carmen Arnau Muro, doutora en antropoloxía e experta na cultura dos pobos de Siberia e Asia Central e un total de vinte e cinco expertos no mundo da arte rupestre e a antropoloxía, guiados polo antropólogo e historiador Buenaventura Aparicio percorreron parte da área Arqueolóxica de Tourón, na que se reúne un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singular de Galicia con máis de 150.000 metros cadrados e que combina cinco estacións de gravados nun espazo de gran beleza paisaxística.
A loita levada a cabo desde o concello e colaboradores como Buenaventura Aparicio, para converter este tipo de arte en Patrimonio da Humanidade segue a súa traxectoria, tentando atopar neste tipo de declaración a única forma de protexelas do abandono, de furtivos ou incendios que cada día poñen en perigo un dos tesouros, dunha parte da historia como é a arte rupestre.