A armadora do Villa de Pitanxo rexeita os "xuízos paralelos e mediáticos" na investigación sobre o naufraxio

Marín
14 de febreiro 2023

A armadora, da que as familias se queixan porque non os apoiaron nin acompañaron nos duros momentos que están a pasar pola perda dos seus familiares, si quixo, coincidindo con este aniversario, expresar o seu "máximo apoio e solidariedade" coas vítimas do desgraciado accidente

Sede do Grupo Nores en Marín
Sede do Grupo Nores en Marín / Mónica Patxot

A empresa armadora do buque Villa de Pitanxo, Pesqueiras Nores Marín, S.L., rompeu o seu silencio con motivo do aniversario do naufraxio en Terranova (Canadá) o 15 de febreiro de 2022 e fíxoo para mostrar o seu "profundo rexeitamento" en relación coas filtracións que continuamente se están producindo en prensa das actuacións xudiciais realizadas para investigar o accidente. 

Desde a armadora consideran que se realizan "interpretacións totalmente erróneas e interesadas" sobre o proceso xudicial, algo que "en nada axuda ás vítimas". 

Aseguran, ademais, que, pola súa banda, seguirán coa súa postura de facer declaracións e practicar as probas necesarias para a determinación das causas do accidente no proceso xudicial que se segue na Audiencia Nacional, "sen participar en xuízos paralelos e mediáticos".

A armadora, da que as familias se queixan porque non os apoiaron nin acompañaron nos duros momentos que están a pasar pola perda dos seus familiares, si quixo, coincidindo con este aniversario, expresar o seu "máximo apoio e solidariedade" coas vítimas do desgraciado accidente, no que faleceron 21 dos 24 tripulantes