A Consellería de Sanidade comunica que este martes rexístrase un incremento de casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés cun total de 2.104 casos activos, 52 máis que na xornada do martes.
Con todo, os datos de pacientes ingresados mostran un descenso de oito pacientes nos centros hospitalarios. Desta forma, este mércores atópanse 37 persoas en planta do Hospital Montecelo e 4 no Hospital do Salnés, con catro persoas que se manteñen na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Non se rexistraron novos falecementos nos distritos sanitarios da zona durante as últimas horas. Nos datos facilitados polo SERGAS tamén se mostra que se rexistraron 187 novos positivos a través das probas diagnósticas.
DATOS EN GALICIA
No conxunto da comunidade, a Consellería de Sanidade indica que faleceron dúas persoas infectadas por covid-19 nas últimas horas elevando a cifra de decesos desde o inicio da pandemia a 3.138 persoas.
O número de casos activos increméntase nesta xornada en 606 pacientes, levando a cifra total de casos a 17.462 infectados en Galicia. Deste número, 297 enfermos atópanse hospitalizados, 20 menos que o martes. Ademais nas Unidades de Coidados Críticos mantéñense 30 persoas, unha menos que onte.
Os datos sinalan que nesta xornada hai mil enfermos máis que hai unha semana, pero tamén se rexistra un descenso de 22 persoas ingresadas en hospitais coa enfermidade respecto a fai sete días. O número de novos positivos en Galicia é de 1.094 nas últimas 24 horas. Trátase de 136 contaxios diarios máis respecto a os do martes 8 e 689 máis en relación á semana pasada.
Por áreas sanitarias, a situación de casos activos é a seguinte: A Coruña-Cee: 3.535 (+150); Vigo: 3.124 (+42); Santiago-O Barbanza: 3.016 (+94); Ourense: 2.504 (+123); Lugo: 2.106 (+85); Pontevedra-O Salnés: 2.104 (+52); Ferrol: 1.002 (+64); e sen área sanitaria asignada figuran 71 casos (-4).