A área sanitaria rexistra 13 casos de covid en residencias de maiores, 21 en escolas infantís e 1.666 en centros educativos

Pontevedra
12 de xaneiro 2022

Os casos activos de covid-19 nas residencias de maiores en Galicia disparáronse na última semana. Os positivos contabilizados no parte da Consellería de Política Social ascenden a 412, concentrados en 47 centros, unhas tres veces máis que hai unha semana

Vacina da covid-19 nunha residencia de Vilagarcía
Vacina da covid-19 nunha residencia de Vilagarcía / Servizo Galego de Saúde

Os casos activos de covid-19 nas residencias de maiores en Galicia disparáronse na última semana. Os positivos contabilizados no parte da Consellería de Política Social ascenden a 412, concentrados en 47 centros, unhas tres veces máis que hai unha semana.

Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés notificáronse casos positivos en 5 usuarios da Residencia de Marín, 1 usuario da Residencia Pontevedra (Vilaboa) e 7 usuarios da Residencia Divina Pastora (Vilagarcía de Arousa).

En Galicia destaca un macrogromo na Residencia Bembrive de Vigo, na que se contabilizan 105 usuarios contaxiados dos 150 residentes.

En canto ás residencias de atención á discapacidade da comunidade galega, non se rexistraron casos na área sanitaria de Pontevedra. No resto de Galicia os casos activos de covid-19 aumentan a 11, concentrados en catro centros, seis deles nun de Sarria (Lugo).

ESCOLAS INFANTÍS

Na área sanitaria de Pontevedra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) actualizou a 21 o número de casos activos de coronavirus na poboación vinculada por idade ou profesionalmente ás escolas infantís. O total en toda Galicia é de 170 casos activos a día de hoxe, con 18 aulas pechadas nos últimos 7 días, ningunha na área de Pontevedra.

CENTROS EDUCATIVOS

En canto aos casos vinculados aos centros educativos, na área de Pontevedra-O Salnés son 1.666. O total en Galicia é de 13.891 casos activos, con 11 aulas pechadas nos últimos 7 días, ningunha na área de Pontevedra.

O Sergas concretou os centros que acumulan máis casos dentro da área sanitaria de Pontevedra O Salnés. Na cabeza sitúase con 39 casos o IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía). Teñen 34 casos o IES Castro Alobre (Vilagarcía) e o IES A Xunqueira II (Pontevedra).

Contan con 32 casos, o IES Valle-Inclán (Pontevedra) e o IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía).

Con 25 casos están o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), o IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis).

Con 24 casos atópanse o CPI Plurilingüe Alfonso VII (Caldas de Reis), o CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores  (Pontevedra) e o IES Francisco Asorey (Cambados).

Dous institutos de Pontevedra notifican 22 casos, son o IES Sánchez Cantón e o IES Luís Seoane. Con 21 casos están o CEIP de Vilaverde-Mourente (Pontevedra) e o IES Chan do Monte (Marín). Teñen 20 casos de covid o CPI Plurilingüe Santa Lucía (Moraña), o CEIP A Lomba (Vilagarcía). Hai 19 casos no IES A Xunqueira I de Pontevedra.

Con 17 casos están o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (Pontevedra) e o IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía). Con 16 casos: o IES Ramón Cabanillas (Cambados), o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro (Vilagarcía), o CEIP A Xunqueira 2 (Pontevedra) e o CPR Los Sauces (Pontevedra).

Finalmente, entre os máis destacados, o Sergas inclúe con 15 casos ao CPR Plurilingüe A Inmaculada (Marín) e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Praceres (Pontevedra).