A área sanitaria mantense nunha fase de estabilidade con 14 novos positivos e dous hospitalizados menos

Pontevedra
14 de maio 2021
Actualizado: 12:35

Este venres hai 470 casos activos, catro menos que o día anterior. Confirmáronse 14 novos positivos, pero ao mesmo tempo 18 pacientes curaron. Todo nunha xornada na que se realizaron menos probas PCR das habituais, 694. Hai 32 pacientes hospitalizados, 9 deles en UCI

Persoas con máscara no centro de Pontevedra
Persoas con máscara no centro de Pontevedra / Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense nunha fase de estabilidade en canto á incidencia da covid-19, con apenas cambios significativos en canto á cantidade de casos activos e a presión asistencial. Este venres, pecha a semana con 14 novos positivos e dous pacientes menos nos hospitais, aínda que tamén hai que lamentar un falecemento

Este venres 14 de maio hai na área sanitaria 470 casos activos de covid-19, catro menos que o día anterior. Confirmáronse 14 novos positivos, pero ao mesmo tempo 18 pacientes curáronse. Todo nunha xornada na que se realizaron menos probas PCR das habituais, 694. 

Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, deses 470 casos activos, 438 son pacientes con síntomas leves ou asintomáticos que se recuperan en illamento nos seus domicilios e outros 32 están hospitalizados. Son dous menos que o día anterior. 

Nos hospitais, destaca a situación da unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo, con nove pacientes con covid-19, un máis que o xoves. 

Os outros 23 están en planta de hospitalización, 14 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 9 no Hospital do Salnés.

Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 13.344 pacientes (18 na última xornada) e faleceron 174. A última morte rexistrouse este xoves no Hospital Montecelo, un home de 85 anos que presentaba patoloxías previas.

En canto a realización de PCR’ s, as 694 realizadas o xoves elevan a 226.066 o total das xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

1.480 VACINACIÓNS

Segundo os datos oficiais facilitados polo Servizo Galego de Saúde, este venres está previsto vacinar na área sanitaria a 1.480 persoas coas catro vacúas dispoñibles. 

No recinto feiral de Pontevedra están citadas 810 persoas en horario de mañá e tarde, das que 60 recibirán a vacina de Pfizer, 600 a de AstraZeneca (teñen de 60 a 65 anos) e 150 a de Janssen (de 70 a 79 anos). 

No recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía de Arousa haberá vacinación só de mañá, con 220 convocados de entre 70 e 79 anos que recibirán unha dose de Janssen.

Ademais, hai vacinación no horario de mañá nos hospitais de Montecelo e O Salnés. Inocularase a segunda dose de Moderna a 150 persoas de 70 a 79 anos no Salnés e 300 en Montecelo para completar a pauta.

EVOLUCIÓN EN GALICIA

A nivel autonómico, segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.933, 21 menos que na xornada anterior, despois de detectar 159 positivos nas últimas 24 horas

Hai un total de 184 pacientes nos hospitais, dos que 38 están en UCI e 146 en unidades de hospitalización. A maiores, hai  2.749 no domicilio.

Por áreas sanitarias, descenderon os casos activos en cinco delas. En A Coruña hai 18 menos, ata 652 pacientes; en Pontevedra-O Salnés, catro menos, ata 470; en Ourense, tres menos, ata situarse en 222; en Lugo, oito menos, ata 196; e en Ferrol, cinco menos, ata 94. En Vigo non hai cambios, con 859 casos activos; e medraron os casos en, Santiago, que ten 440 (17 máis). 

En Galicia hai un total de 119.222 persoas curadas e producíronse 2.399 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.155.134 e o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.563.994.