A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 4.507 casos activos de coronavirus

Pontevedra
29 de decembro 2022

Este mércores día 29 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 4.507 casos activos de coronavirus, son 396 máis que onte martes. Nas últimas 24 horas confirmáronse 492 novos contaxios nas probas diagnósticas practicadas  

Xente pola rúa con máscara
Xente pola rúa con máscara / Mónica Patxot

Este mércores día 29 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 4.507 casos activos de coronavirus, son 396 máis que onte martes. Nas últimas 24 horas confirmáronse 492 novos contaxios nas probas diagnósticas practicadas.

Os datos actualizados que traslada o Servizo Galego de Saúde (Sergas) soben a 37 (dous máis) os pacientes de Covid ingresados en planta de hospitalización. Son 27 (dous máis) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 5 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 5 no Hospital do Salnés.

Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo hai 10 pacientes críticos (un menos).

Actualmente permanecen 4.507 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 23.542 pacientes. Nas últimas 24 horas un total de 97 persoas superaron a covid-19.

Faleceron por este virus na área sanitaria 228 pacientes, dous homes, de 66 e 73 anos, no Hospital Montecelo, que presentaban patoloxías previas. 

En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 1.787, que se engaden ás 358.242 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés onde tamén se practicaron 178.365 probas de antíxenos e outras 114.782 probas distintas de detección da covid-19.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 32.107 deles 5.744 son da área da Coruña, 2.598 da de Lugo, 3.407 da de Ourense, 4.507 da de Pontevedra, 8.694 da área de Vigo, 5.307 da de Santiago e 1.850 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 262 en unidades de hospitalización e 31.794 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 198.636 persoas curadas, rexistrándose 2.757 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.276.032.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.789.766.