A área sanitaria de Pontevedra estabiliza a 138 profesionais de Enfermaría

Pontevedra
29 de abril 2024

"Estamos comprometidos en brindar as mellores condicións laborais posibles para o noso equipo de enfermaría e ofrecer unha atención de calidade aos nosos pacientes", asegurou este luns a directora de Enfermaría da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Conchín Abellás

Enfermeiras
Enfermeiras / Consellería de Sanidade

"Estamos comprometidos en brindar as mellores condicións laborais posibles para o noso equipo de enfermaría e ofrecer unha atención de calidade aos nosos pacientes", asegurou este luns a directora de Enfermaría da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Conchín Abellás.

Así se referiu á contratación estable do seu persoal coa maior oferta de vínculos de interinidades feita ata hoxe.

Con este obxectivo, neste mes de abril, levou a cabo esta acción, que permitirá ao remate do ano 2024 unha contratación dun total de 138 vinculacións estables distribuídas entre diversas categorías, incluíndo enfermaría hospitalaria, especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, en saúde mental e matronas; TCAE, técnicos sanitarios e fisioterapeutas.

Por outra banda, e unha vez rematado o período estival, realizarase unha segunda oferta de cobertura de prazas vacantes cun dobre propósito: estabilizar ao persoal actualmente vinculado e atraer novos profesionais.

Ademais desta oferta de prazas vacantes, a Dirección de Enfermaría continuará ofertando todos os contratos de longa duración que existían ata o momento, "en estrito cumprimento da normativa vixente de cada un deles", aseguran desde a área sanitaria de Pontevedra.

"Dende a Dirección de Enfermería existe un claro compromiso de garantir os dereitos e condicións laborais daqueles profesionais que xa forman parte do equipo, asegurando a estabilidade e continuidade nas súas funcións", aseguran.