A área sanitaria conta con 61 profesionais contaxiados por coronavirus

Pontevedra
09 de abril 2020

Así o recoñece polo menos, nun informe con data deste martes, o departamento de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario (CHUP) de Pontevedra. En concreto, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés doce enfermeiras deron positivo polo COVID-19. É a especialidade máis afectada

Persoal sanitario do Hospital Montecelo
Persoal sanitario do Hospital Montecelo / Diego Torrado

Ata 61 profesionais da sanidade pontevedresa contraíron o coronavirus durante o seu labor diario para frear o avance da pandemia e atender aos pacientes contaxiados. Así o recoñece polo menos, nun informe con data deste martes, o departamento de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario (CHUP) de Pontevedra.

En concreto, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés doce enfermeiras deron positivo polo COVID-19. É a especialidade máis afectada. A eles súmanse nove auxiliares administrativos, oito médicos de familia, seis médicos especialistas, catro técnicos de laboratorio e catro traballadores do servizo de lavandería.

Ademais, tamén se contaxiaron tres médicos MIR, tres celadores, dous técnicos administrativos, dous membros do persoal de servizos xerais, dous técnicos en coidados auxiliares de enfermería, un médico de urxencias, un pediatra, un técnico especialista en anatomía patolóxica, un condutor e un pique de cociña.

Os sindicatos PROSAGAP e Co.Bas aseguran que desde a xerencia non se procede a facer a investigación necesaria nestes casos nin se lles dota de material de protección e denuncian que non se está facendo o seguimento adecuado dos casos entre o persoal.

Consideran ademais "caótico" o sistema de contratación porque un traballador pode chegar a realizar labores en zona de COVID-19 e ao día seguinte estar en zonas que non teñan nada que ver co coronavirus ou nun centro de saúde de Atención Primaria.