Este mércores 13 de abril o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica 1.297 casos activos en en a área sanitaria de Pontevedra O Salnés o que supón 8 máis que onte martes. Detectáronse 135 novos casos abertos nas últimas 24 horas.
A última actualización dos datos da pandemia na área sanitaria apunta que hai un total de 82 pacientes enfermos con Covid que están ingresados en planta de hospitalización: 74 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 9 no Hospital do Salnés.
Así mesmo, hai un paciente en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 1.208 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 62.977 pacientes, 111 máis que onte. Faleceron por este virus na área sanitaria 272 pacientes.
En canto a realizació n de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 138 probas, que se engaden ás 410.598 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 249.221 probas de antígenos e outras 130.580 probas de detección da covid-19.
GALICIA
A nivel galego os datos empeoran con respecto á semana pasada: soben os contagios, os casos activos e os hospitalizados. O número de novos casos, 1.457, aumenta en 444 respecto a os 1.013 do mércores pasado. Tamén soben os casos activos a 12.124, un aumento de 452 infectados. E soben de 583 a 606 o número de persoas hospitalizadas, 127 máis que hai unha semana. Ademais, a incidencia a 14 días aumenta a 516 e a incidencia a 7 días aumenta a 289 casos por cada 100.000 habitantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.124, deles 2.290 son da área da Coruña, 1.789 da de Lugo, 1.536 da de Ourense, 1.297 da de Pontevedra, 2.286 da área de Vigo, 1.843 da de Santiago e 1.072 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 591 en unidades de hospitalización e 11.518 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 547.187 persoas curadas, rexistrándose 3.264 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron: o día 11 de abril, un home de 80 anos, na área sanitaria de Vigo e outro de 94 na área de Santiago e Barbanza.
O número de PCR realizadas é de 3.813.765 e o número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.632.150.