O Ministerio de Facenda acaba de finalizar o baleirado das súas antigas dependencias no Edificio San Francisco, que a partir de agora deixarán de contar con vixilancia permanente.
Coincide esta decisión do departamento que dirixe o ministro, Cristóbal Montoro, coa iniciativa que de forma unánime avalaron este venres os deputados provinciais para converter este histórico inmoble no séptimo edificio do Museo de Pontevedra, dedicadas a reunir todos os arquivos históricos desperdigados pola provincia en aras á súa conservación e investigación.
A moción defendida pola deputada Ana Isabel Vázquez, solicita ao Estado a cesión do edificio en propiedade ou polo menos o seu usufruto.