Frita e acompañada de pementos de Padrón, en escabeche, guisada con fideos, ameixas e guisantes ou en empanada. Calquera especialidade era boa para degustar o produto máis típico de Ponte Sampaio, a anguía. Así o fixeron centos de persoas que, a pesar das abafantes temperaturas, achegáronse este domingo a esta parroquia pontevedresa para participar na decimo oitava edición da Festa da Anguía.
Unha festa que volveu encher o recinto da Xunqueira de Ponte Sampaio de xente deseosa de probar as catro especialidades deste peixe, un produto do que viven 32 familias da zona. Un ano máis, os cociñeiros José Miguez Acebedo, Inocencio Sotelino Blanco e Benedicto Portela Lusquiños foron os encargados de cociñar os máis de 700 quilos de anguía que se serviron este ano, na súa maioría frita e con pementos de Padrón.
Para facer fronte á crise, mantivéronse os prezos de anos anteriores: a tres euros a ración de empanada e a seis euros a cazola das outras tres modalidades. Iso permitiu que a festa lograse manter a asistencia de anos anteriores.
Ademais da tradicional desgustación de anguía, que se puido probar durante todo o día, a XVII Festa da Anguía homenaxeu dous mariñeiros xubilados, María Begoña Barbosa González e Francisco Javier González Brión.
Tamén se lle impuxo a distinción da Anguía de Ouro ao exdeputado do BNG, Bieito Lobeira. La festa concluiu coa actuación da banda de gaitas e percusión Airiños de San Xulián.