A ampliación do solo industrial ou a defensa dos servizos públicos, na axenda parlamentaria do BNG

Pontevedra
09 de setembro 2024

O deputado do BNG responsable da comarca de Pontevedra-Caldas, Luís Bará, compareceu este luns para informar sobre iniciativas do Bloque para a comarca no inicio do novo curso político no Parlamento galego

Luis Bará, parlamentario do BNG
Luis Bará, parlamentario do BNG / PontevedraViva

O deputado do BNG responsable da comarca de Pontevedra-Caldas, Luís Bará, compareceu este luns para informar sobre iniciativas do Bloque para a comarca no inicio do novo curso político no Parlamento galego.

O BNG centrará a súa labor en tres grandes eixos, por unha banda "o control e fiscalización do goberno", cunha labor de oposición "firme, seria, contundente e moi exixente". Ademáis presentarán as súas alternativas de goberno "con cada crítica formulamos propostas" e, en terceiro lugar está "a defensa dos intereses de Galicia, diante do Estado Español e tamén da Unión Europea".

En canto ás "prioridades" para a comarca de Pontevedra, Luis Bará adianta que nos próximos meses estarán centradas "na mellora e defensa dos servizos públicos, en primeiro lugar", a educación, sanidade, benestar, a vivenda… citou o parlamentario nacionalista. 

Tamén "todo o que ten quer ver coa reactivación económica e o emprego" con demandas como a ampliación do solo empresarial na comarca cos polígonos de O Campiño e a creación do de Fragamoreira, en Poio.  

No eido medioambiental o BNG porá o foco nos problemas que atravesa o sector pesqueiro e marisqueiro, o saneamento da ría de Pontevedra e do Umia, a loita contra a "proliferación depredadora" de parques eólicos, así como buscar alternativas ao "sablazo" do incremento do canon que Sogama cobra aos concellos. 

E no que ten que ver coas infraestruturas centrarán a súa atención na Variante de Alba ou o Vial do Vao.

Nas próximas semanas o BNG vai dedicar "moita atención" en preparar o debate orzamentario creando grupos de traballo por comarcas para que as súas propostas aparezan recollidas nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano.