A alcaldesa de Moraña súmase ao equipo de Rueda como secretaria de Organización

Pontevedra
10 de marzo 2016

Luisa Piñeiro foi capaz de darlle aos populares a alcaldía de Moraña tras tres décadas de gobernos socialistas. Foi no ano 2011 e o cargo revalidouno nas últimas eleccións municipais. Esta bagaxe, unido á súa mocidade, serviulle para que Alfonso Rueda fixárase nela para formar parte da nova executiva do PP de Pontevedra

Luisa Piñeiro, deputada do PP
Luisa Piñeiro, deputada do PP /

Luisa Piñeiro foi capaz de darlle aos populares a alcaldía de Moraña tras tres décadas de gobernos socialistas. Foi no ano 2011 e o cargo revalidouno nas últimas eleccións municipais.

Esta bagaxe, unido á súa mocidade, serviulle para que Alfonso Rueda fixárase nela para formar parte da nova executiva do PP de Pontevedra.

En concreto, será a nova secretaria de organización do PP de Pontevedra, segundo desvelou o partido a través dun comunicado.

O seu nomeamento será efectivo tras a celebración do congreso provincial que os populares celebrarán en Pontevedra o vindeiro domingo 13 de marzo.

Luisa Piñeiro únese a unha executiva na que xa se confirmaron os nomes da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que será a vicepresidenta e portavoz do partido, e co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, que terá segundo Rueda un posto "relevante" dentro do seu equipo.