A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, xunto coa súa sede en Vigo, impartirá novos obradoiros gratuítos para pacientes oncolóxicos e para os seus familiares.
Entre as actividades que ofrecen están ioga, pilates, baile, ximnasia de mantemento, taller de abelorios e pulseiras, obradoiros grupais para afrontar o duelo e grupos de deshabituación tabáquica, todas elas co obxectivo de achegar unha mellora no seu estado físico e emocional.
No caso de Pontevedra, haberá clases de baile todos os luns a partir das 18:30 horas no local de PonteBaile, na rúa Manuel Leiras Pulpeiro, nº 7; o taller de pulseiras será os xoves de 17:00 a 18:30 horas no Despacho 6 da terceira planta do edificio da Xunta de Benito Corbal, con entrada por Puig Llamas e, finalmente, ioga e pilates será en horario de mañá. Para esta última actividade é necesario contactar coa Asociación para recibir máis información.
Pola súa banda, a AECC tamén ofrecerá actividades en Vigo.
Neste caso, pilates será os luns, martes, mércores e xoves ás 12:15 horas en Álvaro Cunqueiro, e os luns e xoves á mesma hora en rúa México. Ioga haberá os luns e mércores ás 11:30 horas en Álvaro Cunqueiro, e os martes e xoves ás 11:00 horas en rúa México; ximnasia de mantemento, os mércores de 10:00 a 11:00 horas, na Asociación Cristo de la Victoria da rúa Redondela nº3 e, por último, o taller de abelorios celebrarase os venres de 11:30 a 13:00 horas no local da Sede en Rúa da Ronda de Don Bosco, 41, oficina 5.
As prazas son limitadas polo que a selección será por orde de inscrición a través desta ligazón.
Para solicitar máis información a AECC facilita o número de teléfono gratuíto 900 100 036.