Viviendo mi duelo e Mejorando tu bienestar emocionalson os dous novos obradoiros que comezarán a impartirse en Pontevedra de forma gratuíta a través da Asociación Española Contra o Cancro.
O primeiro deles, chamado Viviendo mi duelo, está destinado a persoas que perdesen a un familiar polo cancro. O obradoiro consistirá nunha terapia grupal impartida pola psicóloga Alejandra Santos e durará desde o 13 de marzo ata o 15 de maio, celebrándose os luns desde as 17:00 ata as 18:30 horas na sede da Asociación, ubicada na rúa Eduardo Pondal Nº64 A.
Durante as dez sesións abordaranse temáticas como o autocuidado, sentimentos como o enfado, a tristeza e a culpa, a comunicación coa familia ou o legado que deixou o familiar falecido. O traballo reforzarase con lecturas, tarefas e vídeos nos que apoiarse.
Doutra banda, Mejorando tu bienestar emocional está dirixida a pacientes oncolóxicos que necesiten ferramentas de xestión emocional co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida a través dun proceso de adaptación. O obradoiro consta de sete sesións dirixidas pola psicóloga Carmen García e serán todos os martes desde o 14 de marzo, ás 12:00 horas na sede da Asociación.
Para apuntarse en ambos os talleres é necesario unha inscrición previa que poderá realizarse chamando por teléfono ao 900 100 036 (24 horas) ou mandando un correo electrónico á dirección [email protected].