8M | O Día da Muller conmemórase na Lama coa lectura dun manifesto institucional

A Lama
08 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A concelleira Trinidad Fernández Oubiña reclamou maiores avances sociais para eliminar as desigualdades, a discriminación e a violencia contras as mulleres

Acto institucional na Lama polo Día Internacional da Muller
Acto institucional na Lama polo Día Internacional da Muller / Concello da Lama

A lectura dun manifesto, a cargo da concelleira Trinidad Fernández Oubiña, foi este venres o acto central do Concello da Lama para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

Foi un discurso centrado na necesidade de eliminar as desigualdades, a discriminación e a violencia contra as mulleres.

Este acto conmemorativo, celebrado no Salón de Plenos, inclúese dentro da programación de actividades promovidas e coordinadas polo Centro de Información á Muller (CIM), consistentes na posta en marcha de varios obradoiros relacionados cos estereotipos de xénero, igualdade no traballo e nas tarefas do fogar desarrolldos con alumnado de educación infantil e primaria. 

Fernández indicou que as mulleres, sobre todo no ámbito rural, "teñen un papel fundamental na loita contra a despoboación e o reto demográfico" e avogou por incrementar a participación activa das mulleres na vida política e social local.

"Propoñemos incorporar a perspectiva de xénero en todas nosas políticas e programas, aplicar medidas para garantir a igualdade salarial e de oportunidades no emprego promovendo a participación equitativa de mulleres en todos os niveis e sectores laborais e impulsar campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero dando apoio integral ás mulleres e traballando na erradicación da violencia machista", defendeu a edil.

Arquivado en