8M | As mulleres farmacéuticas de Marín, exemplo de igualdade no municipio

Marín
08 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Marín decidiu este ano visibilizar e reivindicar o papel das mulleres no sector farmacéutico. Fíxoo no Museo Manuel Torres, cun emotivo encontro que uniu a toda a cidadanía en torno á igualdade, á visibilidade das mulleres e ao seu dereito de estar á mesma altura que os homes na sociedade

Homenaxe ás mulleres farmacéuticas de Marín polo 8M
Homenaxe ás mulleres farmacéuticas de Marín polo 8M / Concello de Marín

Desde Emilia Barreiro, a primeira muller en Galicia en licenciarse en Farmacia no ano 1901, ata Ana Touriño, una das farmacéuticas actuais do municipio. As mulleres deste sector foron as grandes protagonistas dos actos celebrados en Marín polo 8M, Día da Muller.

Marín decidiu este ano visibilizar e reivindicar o papel das mulleres no sector farmacéutico. Fíxoo no Museo Manuel Torres, cun emotivo encontro que uniu a toda a cidadanía en torno á igualdade, á visibilidade das mulleres e ao seu dereito de estar á mesma altura que os homes na sociedade.

"Emilia, como tantas outras, foi unha muller pioneira, que abriu camiño ás xeracións futuras", declarou a alcaldesa, María Ramallo, durante a súa intervención.

Unhas xeracións que xa hoxe son presentes e que están compostas por mulleres como Ana Touriño Vivero, farmacéutica de Farmacia Touriño, a máis nova de todas as que se adican a esta profesión na vila, e que se encargou de ler a declaración institucional.

Xunto a ela, tamén interviñeron durante o acto as farmacéuticas marinenses María Elena Lorenzo Blanco, Begoña Argibay Noal, María del Pilar Souto Meiriño e Rosalía Santiago Touceda.

Todas elas falaron da importancia de rachar cos teitos de cristal en todos os ámbitos da vida, de como é a xestión dunha oficina de farmacia e cales son os retos que tiveron afrontar no desenvolvemento da súa traxectoria profesional.

Durante a conversa tamén se falou de conciliación, do futuro da oficina de farmacia, das diferencias entre exercer a profesión no casco urbano ou no rural, das anécdotas pasadas e de como foi cambiando a realidade social ao longo destes anos.

Para rematar o acto, o Concello fixo entrega a todas da viñeta conmemorativa do día, realizada pola ilustradora de Xulia Pisón, así como a figura do CIM, baseada no cadro da "Maternidade", de Manuel Torres.

Ademais das que participaron coa súa testemuña, o resto das farmacias homenaxeadas foron María Dolores Boullosa Curra (Farmacia Boullosa), Carmen Segade Diéguez (Farmacia de Mogor), Keyna Rivera Rodríguez (Farmacia Rivera Rodríguez), Estrella Osorio Pérez e María del Pilar Garrido Torres (Farmacia Garrido Torres-Osorio), Francisco Freire Santos (Farmacia Freire Santos) e Gonzalo Saavedra Santiago (Farmacia Saavedra Santiago).

Arquivado en