86 persoas melloran a súa formación para atopar emprego

Pontevedra
13 de setembro 2016

Manipulador de alimentos, normativa UE, alerxias e intolerancias e Introdución nos servizos RAPs (drons) en actividades de control ambiental en ríos e encoros foron os cursos máis solicitados na iniciativa Pisando Forte

Demetrio Gómez presenta a programación de 'Pisando Forte' 2016
Demetrio Gómez presenta a programación de 'Pisando Forte' 2016 / Mónica Patxot

Xa se atopa aberto o prazo de preinscrición para a segunda quenda de cursos de Pisando Forte 2016. Na súa primeira fase foron 86 as persoas que finalmente participaron e completaron as nove acciones formativas do programa municipal que promove a Concellería de Xuventude co obxectivo de mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra a través de formación.

Dos 86 participantes, o 43% son mulleres e 8 de cada dez eran orixinarios de Pontevedra. O resto proceden de Poio, Marín, Vigo e de Caldas de Reis.

A oferta formativa para a mellora de empleabilidad seguiu tres itinerarios: un xeral, outro ambiental e un terceiro artístico. O volume de solicitudes rexistradas mostran que os cursos sobre "Manipulación de alimentos. Normativa UE, alerxias e intolerancias" e o de "Introdución nos servizos Raps (drons) en actividades de control ambiental en ríos e encoros" foron os que suscitaron maior interese. Cubríronse todas as prazas ofertadas.

En lestes dous casos os participantes atopábanse nun amplo abanico de idade, entre os 16 e os 35 anos. A maioría eran demandantes activos de emprego.

A oferta, promovida pola concellería de Xuventude, completábase con outros cursos como o de Preparación para o exame de competencias crave, Educación ambiental de compostaxe, Como traballar na industria cultural, Como facer que un grupo artístico funcione, Como conseguir actuacións e Produción de eventos musicais.