75 facultativos molestos polo "desagradable clima laboral" do CHOP

Pontevedra
10 de outubro 2012

Os firmantes neste escrito, que leva o título ⿿Non co meu silencio⿝, subliñan que non están expresando unha ⿿opinión sectaria, senón que o facemos empuxados polo malestar profesional, sendo saudablemente heteroxéneos nas nosas ideas noutros ámbitos⿝. 

"Como facultativos que prestamos servizo no Complexo Hospitalario de Pontevedra sentímosnos na obriga de facer chegar aos usuarios e á opinión pública en xeral o noso malestar polo desagradable clima laboral no que se estivo desenvolvendo a nosa actividade profesional desde que estamos dirixidos polo actual equipo xestor encabezado polo Dr. José Manuel González Alvarez", así de contundente arrinca o escrito que subscriben 75 facultativos do CHOP.

Desde que se creou o CHOP (fusión de Hospital Montecelo con Hospital Provincial), estes médicos aseguran que ⿿nunca se produciu unha situación  tan  laboralmente agresiva e irrespetuosa  con todos nós como neste  momento⿝.

Afirman no seu escrito que os diversos equipos directivos dun ou outro signo político que estiveron á fronte do Complexo Hospitalario, cada un coas súas peculiaridades, ⿿deron mostra sempre dun talante dialogante e respetuoso, dentro da comprensible discrepancia de pareceres entre dirixidos e dirixentes⿝.

A pinga que colmou o vaso da paciencia destes facultativos foi o ocorrido co Concurso-Oposición da Xefatura de Psiquiatría onde, ao seu xuízo, "alcanzouse o límite do tolerable coa denigración persoal e profesional doutro compañeiro máis a sumar á lista".

Refírense en concreto a Víctor Pedreira, que foi cesado en mayo do 2009, coa chegada do PP á Xunta, dun posto que viña desenvolvendo desde había tres décadas. Esta decisión asumiuse como un erro administrativo. Finalmente a xefatura de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra recaeu en Isauro Gómez Tato tras unha polémica oposición, á que ambos concorreron ata en tres ocasiones.

Os firmantes neste escrito, que leva o título ⿿Non co meu silencio⿝, subliñan que non están expresando unha ⿿opinión sectaria, senón que o facemos empuxados polo malestar profesional, sendo saudablemente heteroxéneos nas nosas ideas noutros ámbitos⿝.

A relación de apoios a esta queixa colectiva aparece publicada nun blog en internet, actualizada ata o pasado 5 de outubro, deixando aberta a posibilidade de novas adhesións.

Estes facultativos súmanse así ás correntes de opinión nas que coinciden colectivos tan diversos como o Colexio Médico de Pontevedra, Asociacións de Pacientes e Organizacións Sindicais.