Ás 11.13 horas, saíu outro quinto premio por 6.000 euros ao décimo no Sorteo de Lotaría de Nadal. O número agraciado foi o 74.012.
Este número foi vendido na administración número 8 de Pontevedra, que curiosamente está situada en Poio, no Centro Comercial a Barca.
A loteira Ángeles Lubián estaba "muy alegre, encantados de repartir un poco de suerte". Foi un décimo vendido por máquina.
Curiosamente o ano pasado esta mesma administración xa vendeu un décimo doutro quinto premio tamén por máquina, o que axudou a que nesta ocasión as vendas aumentasen.
Ademais vendeuse en Vigo e en Bande (Ourense).