'7 días en Poio', unha campaña para potenciar este destino turístico

Poio
30 de marzo 2023

A iniciativa, que inclúe a difusión de artigos e material audiovisual a través da web e das redes sociais, incide en que o municipio conta cos suficientes e variados atractivos e recursos para gozar dunha estancia dunha semana como mínimo sen necesidade de desprazarse a outra contorna

Presentación da campaña '7 días en Poio'
Presentación da campaña '7 días en Poio' / Concello de Poio

A concellería de Turismo,  Silvia Díaz, presentou este xoves os detalles da campaña '7 días en Poio', cuxo contido foi consensuado cos e coas profesionais do sector.

A iniciativa incide en que o municipio conta cos suficientes e variados atractivos e recursos para gozar dunha estancia dunha semana como mínimo sen necesidade de desprazarse a outra contorna.

Neste acto Díaz estivo acompañada por Alberto Ribas de Alvientooo que explicou que con este proxecto "buscamos inspirar ás persoas ofrecéndolles toda a información sobre os atractivos cos que contamos no municipio, que son moitos e do máis variado".

A campaña conta cun plan de difusión no que se inclúen material audiovisual centrado na promoción do patrimonio histórico, os espazos naturais e o gran capital humano de Poio e diferentes artigos promocionais sobre os grandes lugares de interese do municipio, como son as praias, as rutas de sendeirismo, os espazos naturais, os miradoiros, o patrimonio histórico, a gastronomía ou a Variante Espiritiual. 

"A nosa gastronomía, as paisaxes, o patrimonio, a Illa de Tambo ou as diferentes actividades lúdicas que se organizan ao longo de todo o ano son atractivos que garanten aos visitantes que poidan permanecer no noso concello durante sete días, gozando duns recursos extraordinarios", incidiu Silvia Díaz.