653.000 euros para poñer lombos e pintar as estradas provinciais no Salnés

O Salnés
11 de maio 2017

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez presentou na Illa de Arousa o Plan MÓVESE e sinalou que se actuará en 33 vías

Presentación das actuacións do Plan Movese no Salnés
Presentación das actuacións do Plan Movese no Salnés

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra realizará actuacións de calmado de tráfico e de sinalización horizontal en alomenos 33 estradas de titularidade provincial na comarca do Salnés. Así o explicou este xoves o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen presentou na Illa de Arousa o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) para a zona que, xunto coa actuación de pintado de estradas, ascenderá a 653.412 euros.

No caso do Salnés instalaranse 35 pasos de peóns elevados (coñecidos como lombos) e 42 redutores de velocidade nos concellos de Sanxenxo, A Illa de Arousa, Ribadumia, Vilanova de Arousa e O Grove, cunha inversión de 523.480 euros.

A esa cifra hai que sumar tamén 129.92.36 euros que se investirán en mellorar a sinalización horizontal nos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía e a Illa de Arousa.

Para a comarca do Salnés a empresa responsable é Construcciones, Obras y Vías, S.A. (COVSA) e comezará as actuacións logo de presentar a correspondente acta de replantexamento das obras, é dicir, de xeito inmediato.

LISTADO ACTUACIÓNS SEGURIDADE VIARIA EN ESTRADAS

  • Cambados
    • 9002 Fefiñáns-Oubiña: pintado
    • 9003 Variante Cambados: pintado
    • 9004 Corbillón-Tragove: pintado
  • O Grove
    • 9101 O Grove-San Vicente: dous pasos de peóns sobreelevados (lombos)
    • 9102 Acceso mirador Siradella: pintado
  • Sanxenxo
    • 9201 Sanxenxo-Bordóns- Samieira: catro pasos de peóns sobreelevados (lombos) e dez redutores físicos de velocidade
    • 9202 Nanín-Igrexa Bordóns: pintado, dous redutores físicos de velocidade
    • 9203 Padriñan-Laxe: dous redutores físicos de velocidade
    • 9205 Sanxenxo-Meaño: pintado, tres pasos de peóns sobreelevados (lombos) e un redutores físicos de velocidade
    • 9206 Portonovo-Vichona: catro pasos de peóns sobreelevados (lombos) e oito redutores físicos de velocidade
    • 9207 Vichona-Dena: pintado, dous redutores físicos de velocidade
    • 9208 Noalla-Aios: pintado, sete redutores físicos de velocidade
    • 9209 C550-igrexa Vilalonga:dous pasos de peóns sobreelevados (lombos)
    • 9210 Acceso a Roxique: un redutor físico de velocidade
    • 9211 Vilalonga-Fianteira: un redutor físico de velocidade
    • 9212 Noalla-Praia da Lanzada: pintado, tres pasos de peóns sobreelevados (lombos)
    • 9213 A Granxa-Dorrón: catro redutores físicos de velocidade
  • Meaño
    • 9302 Xil-Cobas- Barrantes: pintado
    • 9303 Meaño-Dena: pintado
  • Meis
    • 9402 Mosteiro-Barrantes: pintado
    • 9403 Igrexa Paradela: pintado
    • 9405 San Martiño-Armenteira- Busto: pintado
    • 9407 Goulla-Porráns: pintado
  • Ribadumia
    • 9501 Ribadumia-Grenla: dous pasos de peóns sobreelevados (lombos)
    • 9503 Sisán-Padrenda: pintado
    • 9510 Cabanelas-Pontearnelas: pintado
    • 9305 Coirón-Ribadumia- Leiro: un paso de peóns sobreelevado (lombos)
  • Vilagarcía de Arousa
    • 9601 Vilagarcía-Cea- Castrogudín: pintado
  • Vilanova de Arousa
    • 9701 Baión András: un paso de peóns sobreelevado (lombos) e dous redutores físicos de velocidade
    • 9702 As Sinas-Vilanova: un paso de peóns sobreelevado (lombo)
    • 9703 Vilanova-Pontearnelas: un paso de peóns sobreelevado (lombo) e un redutor físico de velocidade
  • Illa de Arousa
    • 9802 Estrada As Aceñas: pintado
    • 9803 Embarcadero-centro: pintado, nove pasos de peóns sobreelevados (lombos) e un redutor físico de velocidade