416 pontevedreses abandonan as listas de desemprego na cidade durante o mes de xuño

Pontevedra
02 de xullo 2014
Actualizado: 19:45

En canto aos datos globais da provincia de Pontevedra, reduciuse en xuño en 3.976 o número de demandantes de emprego con respecto ao mes de maio e o número total de parados rexistrados nas Oficinas do Servizo Público de Emprego da provincia sitúase en 101.298

Traballador nunha rúa de Pontevedra o 1 de xullo de 2014
Traballador nunha rúa de Pontevedra o 1 de xullo de 2014

O paro rexistrado volveu a descencer en Pontevedra un mes máis. 415 persoas abandonaron as listas de desemprego do municipio de Pontevedra durante o mes de xuño, segundo os datos publicados pola Consellería de Traballo e Benestar. ÿ o cuarto mes consecutivo no que se reduce o número de demandantes de emprego na cidade. En concreto, xuño pecha con 8.064 desempregados en Pontevedra, un 4.9% menos que en maio.

No resto de municipios da área de influencia da capital da provincia, rexístrase a mesma tendencia, sen dúbida, provocada pola chegada da tempada estival e o aumento dos números de contratos que se producen no sector servizos. De feito, aquelas localidades de tradición turística como Sanxenxo, O Grove, Cambados ou Poio reducen significativamente o seu número de parados.

 Xuño 2014Maio 2014Variación mensual
Pontevedra8.0648.479-415 (-4,90%)
Barro40739512 (+2,95%)
Bueu1.1221.164-42 (-3,60%)
Caldas de Reis1.1501.193-43 (-3,60%)
Cambados1.4751.614-139 (-8,61%)
Campo Lameiro2332303 (+1,30%)
Cotobade453484-31 (-6,40%)
Cuntis550585-35 (-5,98%)
O Grove1.0471.227-180 (-14,66%)
A Illa de Arousa420443-23 (-5,19%)
A Lama250260-10 (-3,84%)
Marín2.4442.489-45 (-1,80%)
Meaño529603-74 (-12,27%)
Meis554575-21 (-3,65)
Moraña534552-18 (-3,26%)
Poio1.5611.675-114 (-6,80%)
Ponte Caldelas731749-18 (-2,40%)
Portas315329-14 (4,25%)
Ribadumia530561-31 (-5,52%)
Sanxenxo1.4281.669-241 (-14,43%)
Vilagarcía de Arousa4.8545.011-157 (-3,13%)
Vilanova de Arousa1.1131.172-59 (-5,03%)

 

DATOS PROVINCIAIS

En canto aos datos globais da provincia de Pontevedra, reduciuse en xuño en 3.976 o número de demandantes de emprego con respecto ao mes de maio e o número total de parados rexistrados nas Oficinas do Servizo Público de Emprego da provincia sitúase en 101.298.

O descenso a nivel provincial supón un 3,78 por cento con respecto ao mes anterior e do 5,73 por cento con respecto ao mesmo mes do ano 2013. Durante os últimos doce meses o paro rexistrado diminuíu en 6.162 pontevedreses.

A diminución das persoas inscritas como demandantes de emprego foi este mes maior que nos períodos previos. No mes de maio deste ano un total de 2.416 pontevedreses abandonaran as listas de desemprego e en abril este descenso fora de 2.566 persoas.

Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminuíu nos últimos 12 meses en 6.169 persoas, 3.463 homes e 2.706 mulleres. Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse, especialmente, no sector Servicios, con 2.357 pontevedreses menos demandantes de emprego.

Descenderon todos os sectores dos que se achegan datos. A construción baixou en 566; a industria, en 665; e a agricultura e Pesca, en 189. O colectivo sen emprego anterior diminuíu en 199 desempregados.

Arquivado en