Por segundo mes consecutivo o número de persoas apuntadas no servizo público de emprego reduciuse notablemente.
Nun mes tradicionalmente positivo polo empurre da contratación no sector servizos, o paro descendeu na provincia de Pontevedra un 4,05% en relación á cifra rexistrada en maio.
Durante o mes de xuño as listas públicas viron reducido o seu número en 4.536 persoas, deixando a cifra total de pontevedreses sen emprego en 107.460.
Os datos tamén son positivos a nivel autonómico, con 10.452 desempregados menos.
Con esta caída Galicia queda agora con 273.434 persoas sen traballo, unha cifra que descendeu un 3,68% no último mes.
A nivel estatal os números quedan en 127.248 parados menos para un total de 4.763.680.