O 14 de xaneiro de 1987 tamén facía moito frío en Pontevedra, pero aquel mércores de fai 38 anos nevou na Boa Vila convertendo aquela xornada en memorable.
Os primeiros copos empezaron a caer á primeira hora, sobre o nove menos cuarto, e salvo pequenos incidentes todos lémbrano como un día de diversión, especialmente en colexios e institutos. Os termómetros marcaron unha temperatura negativa de 3,6 graos.
O inusual da estampa detivo o ritmo da Boa Vila con multitude de persoas que saíron dos seus centros de traballo para contemplar a escena e para xogar, xa sexa lanzándose bólas de neve ou facendo un boneco.
A situación meteorolóxica de hoxe é ben distinta, con ceos maioritariamente despexados grazas á influencia do anticiclón centrado sobre Francia. Na capital temperatura mínima rexistrada por agora sitúase nos 4 graos e non se esperan cambios significativos.
A predición a medio prazo que fan os técnicos de Meteogalicia apunta que durante os próximos días a nosa Comunidade manterase na influencua das altas presións con réxime de ventos de compoñente este. Así, espérase moi baixa probabilidade de precipitación en xeral, aumentando nos comezos da próxima semana.
As temperaturas propias da época do ano, xeando en zonas de interior.