35.000 euros para sinalizar e balizar todo o patrimonio etnográfico de Salcedo

Pontevedra
09 de outubro 2014

Esta actuación forma parte dun proxecto global para poñer en valor, recuperar e dinamizar todo este ámbito de gran valor patrimonial, que inclúe tamén un mapa guía, unha audioguía e unha web. En total, conta cun presuposto de 166.000 euros, dos cales 56.000 proceden dos fondos LEADER da Unión Europea

Traballos de escavación no Castro das Croas
Traballos de escavación no Castro das Croas / Mónica Patxot

Proporcionar unha maior información ao visitante sobre o patrimonio histórico de Salcedo. ÿ o principal obxectivo dos traballos de sinalización que o Concello de Pontevedra puxo en marcha no ámbito do río Tomeza. Trátase, recordou Luis Bará, da "milla de ouro" do patrimonio rural pontevedrés, debido á presenza na zona de "valiosos" elementos arquitectónicos, históricos ou culturais "que merece a pena preservar".

En total, investiranse 34.969 euros. A empresa adxudicataria destes traballos foi Ronsel Loxística e Proxectos, SL.

Consisten en instalar sinais e balizas para que as persoas que percorran toda esta zona, conten cunha información completa e detallada sobre o patrimonio etnográfico da parroquia.

Serán en total 27 paneis de aceiro galvanizado, de 1,45 metros de alto por 1 metro de ancho. Os textos estarán imprimidos en vinilo adhesivo e terán unha lámina de protección resistente ás condicións meteorolóxicas. Ademais, colocaranse 66 balizas de 1,30 metros de alto e 25 centímetros de alto. Estas últimas servirán para indicar o percorrido de toda esta ruta. Todos estes elementos terán unha garantía de cinco anos.

En concreto, sinalizarase o río Tomeza, a vía romana XIX e o Camiño de Santiago, a Misión Biógica de Galicia, os conxuntos rupestres, o castro das Croas, os muíños do Batán, o patrimonio eclesiástico, o castro de Matalobos ou os elementos do movemento agrario.

Esta actuación forma parte dun proxecto global para poñer en valor, recuperar e dinamizar todo este ámbito de gran valor patrimonial, que inclúe tamén un mapa guía, unha audioguía e unha web. En total, conta cun presuposto de 166.000 euros, dos cales 56.000 proceden dos fondos LEADER da Unión Europea.

Arquivado en