Acábase 2015 e con eles, centos de contratos. Así, o mes de xaneiro rexistrou un notable incremento do desemprego na provincia de Pontevedra e a capital non foi unha excepción. Un total de 336 pontevedreses engrosaron as listas do paro no último mes, segundo desvelou este martes a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
En total, 7.652 pontevedreses son demandantes de emprego, ao 30 de xaneiro de 2016. Son un 4,39% máis que o mes anterior.
A subida do paro, ademais de ser significativa na cidade, tamén se produciu en maior ou menor medida no resto dos concellos da área de influencia da capital.
Xaneiro 2016 | Decembro 2015 | Variación | |
Pontevedra | 7.652 | 7.316 | 336 |
Barro | 409 | 392 | 17 |
Bueu | 1.036 | 1.016 | 20 |
Caldas de Reis | 1.098 | 1.060 | 38 |
Cambados | 1.523 | 1.476 | 47 |
Campo Lameiro | 206 | 190 | 16 |
Cotobade | 406 | 386 | 20 |
Cuntis | 507 | 465 | 42 |
O Grove | 1.221 | 1.211 | 10 |
A Illa de Arousa | 460 | 369 | 91 |
A Lama | 267 | 247 | 20 |
Marín | 2.326 | 2.216 | 110 |
Meaño | 552 | 548 | 4 |
Meis | 540 | 515 | 25 |
Moraña | 505 | 488 | 17 |
Poio | 1.511 | 1.444 | 67 |
Ponte Caldelas | 691 | 650 | 41 |
Portas | 316 | 312 | 4 |
Ribadumia | 513 | 491 | 22 |
Sanxenxo | 1.627 | 1.570 | 57 |
Vilaboa | 568 | 551 | 17 |
Vilagarcía de Arousa | 4.375 | 4.238 | 137 |
Vilanova de Arousa | 1.045 | 1.014 | 31 |
DATOS PROVINCIAIS
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 3.710 persoas en xaneiro na provincia de Pontevedra en relación ao mes anterior, o que supón un incremento do 4,08%, situando o total en 94.672.
En Pontevedra baixaron os contratos a 24.605 persoas.
En Galicia o número de persoas desempregadas subiu en 7.639 persoas no mes de xaneiro, respecto ao mes anterior significa un incremento do 3,34%, case dous puntos por encima da media (+1,4%), ata situar o total en 236.447.
No conxunto estatal, o paro repuntó en 57.247 persoas en xaneiro en comparación con decembro, un 1,4%; pero diminuíu en 374.936 nun ano (-8,28%) e o total de desempregados alcanzou os 4.150.755.