28M | Todas as mesas electorais de Pontevedra constituíronse sen incidencias

28 de maio 2023

As eleccións municipais deste 28 de maio xa están en marcha. As 106 mesas electorais que haberá en Pontevedra constituíronse sen ningunha incidencia. Así o comunicou o Ministerio do Interior.  Todas elas abriron as súas portas, como estaba previsto, ás nove da mañá

Xente votando nas eleccións municipais do 28M
Xente votando nas eleccións municipais do 28M / Cristina Saiz

As eleccións municipais deste 28 de maio xa están en marcha. As 106 mesas electorais que haberá en Pontevedra constituíronse sen ningunha incidencia.

Así o comunicou o Ministerio do Interior, que informa que todas elas abriron as súas portas, como estaba previsto, ás nove da mañá.

Os 66.613 pontevedreses que están chamados ás urnas terán ata as oito da tarde para exercer o seu dereito ao voto.

Os primeiros avances de participación coñeceranse ás dúas da tarde.

Arquivado en