José Luis (Sito) Gómezmantén a maioría absoluta para o Partido Popular en Moraña aínda que perde un dos sete concelleiros que mantiñan ata a data.
O nacionalista Marcos Suárez consegue manter a representación de tres concelleiros. E o PSdG-PSOE, liderado por Xoel Souto, engade outro representante aos que tiña neste último mandato, pasando dun a dous concelleiros.
Desta forma, aínda que os populares seguen sendo o partido máis votado con 1.275 votos (47,04%) perderon 300 respecto a as municipais de 2019 cando obtiveron o 58,61% de apoios. Os socialistas pasan do 15,37% ao 23,32% das papeletas emitidas o que se traduce nunha subida de 413 a 632 votos.
En canto ao BNG, a variación en porcentaxes e número de votos non afecta á súa representación final: este domingo obteñen 787 fronte aos 676 das anteriores municipais; un 29,04% fronte ao 25,15%.
Sito Gómez estrearase na alcaldía e na corporación de Moraña. Xoel Souto Eiras (neto do ex alcalde Eiras Paz) repetirá representación municipal exercendo tamén como portavoz socialista, cargo que durante o mandato agora concluído viña exercendo tras a dimisión que en 2020 presentara a que era cabeza de lista Diana Pereira.
Tamén repite como concelleiro os nacionalista Marcos Suárez.