28M | Ricardo Martínez (PP) repite na Alcaldía e amplía a súa maioría absoluta cun concelleiro máis

Umia
29 de maio 2023

O concello de Portas afrontará os próximos catro anos co popular Ricardo Martínez Chantada renovando o seu cargo na alcaldía ao acadar 7 concelleiros, un máis do que necesitaba para a maioría absoluta, fixada en 6 edís

Resultados das eleccións municipais do 28M en Portas
Resultados das eleccións municipais do 28M en Portas

O Concello de Portas afrontará os próximos catro anos co popular Ricardo Martínez Chantada renovando o seu cargo na alcaldía ao acadar 7 concelleiros, un máis do que necesitaba para a maioría absoluta, fixada en 6 edís. 

Unha vez rematado o reconto dos votos en Portas, os 11 concelleiros en liza repártense entre os 7 edís acadados polo PP de Ricardo Martínez, e os catro que se reparten a partes iguais entre o PSdeG-PSOE de Manuel Flores (2 concelleiros, un máis con respecto a 2019) e o BNG de Arturo Fontán (2 concelleiros, mesmo número que nas anteriores municipais).

Dáse a particularidade de que tanto o PSdeG como o BNG acadaron idéntico número de votos: 327.

Desglosado por número e porcentaxe de votos, nestas eleccións de 2023 o PP acadou 949 votos e unha porcentaxe do 58,72% (en 2019 sumaba 867 votos e un 48,03 % de porcentaxe).

O PSdeG era respaldado por 327 votos e unha porcentaxe do 20,23% (en 2019, foran 256 votos e unha porcentaxe do 14,18 %).

O BNG obtiña 327 votos e unha porcentaxe do 20,23% (en 2019, foran 387 votos e unha porcentaxe do 21,44 %).

Con respecto a 2019, a Agrupación Veciños Unidos de Portas, que lograra 2 concelleiros, desaparece do panorama político de Portas.

Arquivado en