O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, acudiu a votar este domingo ao colexio electoral situado no centro Amencer-Aspace, en Pontemuíños. Fíxoo minutos despois das doce do mediodía.
Domínguez foi a votar, como fai sempre, acompañado da súa muller e do seu fillo, pero nesta ocasión ían con el o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, entre outros cargos do PP.
"Espero que sea una jornada tranquila y que la gente vaya a votar masivamente", asegurou Domínguez, tras depositar o seu voto na urna.
O líder popular confía en ter un "buen resultado" e mostrou a súa satisfacción por "ser una alternativa" para todos os pontevedreses.
Para esta xornada electoral, o candidato do PP pediu "que todo el mundo vaya a votar".
Considera que, de non facelo, "luego no podemos quejarnos de todos los problemas que haya en la ciudad", polo que convidou a que "voten lo que voten" acudan ao colexio electoral.