28M | Rafa Domínguez: "Después de 12 años, el Partido Popular ha ganado las elecciones en Pontevedra"

Pontevedra
29 de maio 2023

Entre berros de "alcalde, alcalde", Rafa Domínguez amosou a súa satisfacción polos resultados obtivos nas eleccións municipais deste 28M. Lembrou que obtiveron o 39% dos votos acadando 16.000 apoios, máis de 3.000 sobre o BNG, quedando a menos dun cento de votos para obter un duodécimo concelleiro. O candidato do Partido Popular non quixo entrar a analizar que estes resultados non lle permitirán obter a alcaldía se pactan BNG e PSOE

Felicitacións a Rafa Domínguez pola vitoria do Partido Popular / PontevedraViva
Rafa Domínguez analiza a súa vitoria nas eleccións municipais /

Por un corredor formado por militantes populares que coreaban "alcalde, alcalde", Rafa Domínguez abrazaba o seu pai e á súa muller cun enorme sorriso de satisfacción polos resultados obtidos este 28M como candidato do Partido Popular á alcaldía. 

"Bravo", berraban os integrantes do seu equipo mentres Domínguez afirmaba que o PP lograra o 39% dos votos co apoio de 16.000 pontevedreses, máis de 3.000 que a segunda forza, o BNG. "Después de 12 años, el Partido Popular ha ganado las elecciones", afirmaba acompañado, á súa dereita, por Pepa Pardo, e, á súa esquerda, por Pablo Fernández.

Rafa Domínguez sinalaba tamén que a súa formación quedou a menos de 100 votos de obter ao duodécimo representante na corporación municipal. "Tengo que trasladar lo contento que está todo el PP de Pontevedra", asegurou para, a continuación, agradecer a chamada que recibiu de Iván Puentes, candidato do PSOE, para felicitarlle e de Alfonso Rueda, presidente da Xunta, que lle transmitiu o seu parabén "polo enorme resultado".

"Los pontevedreses han depositado su confianza en el proyecto del Partido Popular, un proyecto joven, con ganas e ilusionante y, sobre todo, de futuro para la ciudad de Pontevedra", afirmou o líder popular.  "Vamos a seguir trabajando. Gracias por la confianza. La responsabilidad es enorme y no vamos a defraudaros", prometeu entre unha nova ovación.

"Tenemos una implantación muy importante en el rural. Si fuera solo por las parroquias, el Partido Popular tendría mayoría absoluta de largo. Pero es una victoria contundente del Partido Popular de Pontevedra", expuxo Rafa Domínguez, que non quixo entrar en avaliacións sobre a posibilidade de que non poida gobernar se pactan, como é previsible, o BNG e o PSOE.

Entre os seguidores lamentábanse polos votos que se levaron outros partidos de centro dereita que se presentaron a estas eleccións restándolle, ao seu entender, papeletas á formación popular.

Finalmente, as primeiras declaracións tras coñecer os resultados finalizaban cun cántico xeral de 'Cumpleaños feliz' porque neste 29 de maio o presidente local do Partido Popular celebra 47 anos.

Arquivado en