28M | O PSOE recupera a maioría en Vilaboa, onde o BNG esborralla e crece o PP

Vilaboa
28 de maio 2023

O actual alcalde, César Poza, retén a alcaldía e faino reforzado tras este último mandato, ao subir de seis a sete concelleiros, dos 13 en liza. A maioría permítelle gobernar sen o apoio do BNG, que lle deu o apoio aos socialistas hai catro anos. O PP de Alberto Acuña pasa de catro a cinco concelleiros e o BNG de Teresa Carro pasa de tres a un 

Resultados das eleccións municipais do 28M en Vilaboa
Resultados das eleccións municipais do 28M en Vilaboa

Vilaboa segue sendo do PSOE tras este 28 de maio. O actual alcalde, César Poza, retén a alcaldía e faino reforzado tras este último mandato, ao subir de seis a sete concelleiros, dos 13 en liza. 

A maioría permítelle gobernar sen o apoio do BNG, que lle deu o apoio aos socialistas hai catro anos, cando alzou o bastón de mando o logo dimisionario Francisco Costa. 

César Poza logra subir a porcentaxe de voto para o PSOE nove puntos, do 40,41 ao 49,01%. Crece en votos, de 1.337 hai catro anos a 1.600.

Crece tamén en representación o PP de Alberto Acuña, que pasa de catro a cinco concelleiros e aumenta tres puntos a súa porcentaxe de voto, do 33,04 ao 36,06%. 

En número de votos, tamén crece, con case 100 máis, pasando de 1.093 a 1.177.

O BNG que este ano lidera Teresa Carro é o gran prexudicado da cita electoral. Hai catro anos logrou tres concelleiros e agora queda nun. 

A súa caída é de máis de dez puntos, do 25,78 ao 13,72%. En número de votos quedou na metade, de 853 a 448 votos.  

Arquivado en