A candidatura do Partido Popular na Illa de Arousa, rodeada de polémica tras desvelarse que o seu candidato Matías González foi condenado en 2011 por maltratar unha ex parella, quedou a un concelleiro de lograr a maioría absoluta nun municipio que desde o seu nacemento en 1995 sempre estivo gobernado polo Partido Socialista.
Esta situación fixo que o Partido Socialista liderado por Luís Arosa cedese a maioría que ostentaba na corporación municipal, cun afundimento que lle levou desde o 51,34% dos votos ata só o 28,77%, perdendo a metade da súa representación e quedando con só 3 edís.
O PP foi a forza máis votada con 5 dos 11 concelleiros en disputa, un máis que fai catro anos, e un apoio do 43,25%.
Completa a representación tamén con 3 concelleiros o Bloque Nacionalista Galego, cunha importante subida da man de Manuel Suárez ao sconseguir soamente 39 votos menos que o PSOE (27,61%).
En todo caso a suma de Partido Socialista e BNG contaría co suficiente apoio para formar un bipartiro e evitar que o PP se faga coa alcaldía.